Os equipamentos para a Educación ambiental en GaliciaAnálise da realidade e propostas de mellora da calidade
- Serantes-Pazos, Araceli
- Narciso de Gabriel Fernández Zuzendaria
- Pablo Ángel Meira Cartea Zuzendaria
Defentsa unibertsitatea: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 2011(e)ko uztaila-(a)k 19
- José Antonio Caride Gómez Presidentea
- Mar Rodríguez Romero Idazkaria
- José Gutiérrez Pérez Kidea
- Miquel Francesc Oliver Trobat Kidea
- Javier Benayas del Álamo Kidea
Mota: Tesia
Laburpena
Os equipamentos para a educación ambiental en Galicia son un ámbito de intervención socioeducativa pouco explorado e bastante descoñecido, cando na realidade se trata de numerosas experiencias (aulas da natureza, aulas do mar, aulas forestais, granxas-escola, aldeas-escola, centros de interpretación) en que participan moitos profesionais e das que se benefician un amplo sector da sociedade. Con este traballo aportamos unha extensa caracterización deste ámbito, establecemos comparacións con outras realidades a nivel estatal e presentamos tendencias na súa evolución. E todo isto coa finalidade de facilitar procesos de mellora a través da avaliación formativa. Para coñecer con certa profundidade e fiabilidade as características e a problemática deste campo, recorrimos a estratexias de investigación en que a participación das persoas profesionais foi decisiva (enquisas, grupos de traballo, talleres de investigación...). Como produtos do proceso queremos salientar a elaboración do primeiro rexistro sistemático de equipamentos para a educación ambiental en Galicia, as distintas accións de coordinación que permitiron o coñecemento mutuo, o deseño conxunto de estratexias de acción para favorecer a visibilidade do sector, os acordos en canto ao fin e o proceso de calidade, e as accións que redundaron na súa profesionalización dentro do ámbito da educación ambiental.