Animación sociocultural na infanciainiciativas e programas nos tempos de lecer en Galicia
- José Antonio Caride Gómez Director
Universidad de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 08 de octubre de 2015
- José Luis San Fabián Maroto Presidente/a
- Rita Gradaílle Pernas Secretaria
- Rodolfo Lois Ferradás Blanco Vocal
- Héctor Pose Vocal
- Raúl Fraguela Vale Vocal
Tipo: Tesis
Resumen
Os principais argumentos da Tese toman como referencia a animación sociocultural (ASC) protagonizada pola infancia en Galicia: un eido de teorías e prácticas que se insiren nunha determinada concepción da cultura e do quefacer cultural, nun sentido extenso; un horizonte antropolóxico, político, pedagóxico, cívico e social que invoca a democracia cultural e que transcende a mera democratización cultural. Nesta perspectiva, estúdase e interprétase que se está a facer ¿tamén como se está a facer¿ en animación sociocultural na infancia (ASCI) poñendo a énfase nos seus tempos de lecer, procurando indagar na coherencia existente entre os obxectivos das iniciativas e a súa implementación, na relación ou concordancia entre as propostas e as concepcións dos técnicos e técnicas da animación cos tempos de lecer nos que traballan, e na concordancia entre as iniciativas postas en práctica e o disposto no marco normativo que as regula. Metodoloxicamente optamos por un estudo multicasos (dos concellos de Lugo, Lalín, Oleiros, Burela e Ribadavia, ademais da entidade privada Fundación Mª José Jove) acomodando o seu desenvolvemento empírico a un traballo etnográfico, armonizando a descrición e a interpretación, a diagnose e a avaliación, o enfoque cuantativo co cualitativo, con predominancia deste último. A demarcación territorial e social cínguese a Galicia, tendo en conta a súa singularidade xeográfica, lingüística e, sobre todo, xurídico-política e administrativa. O marco temporal abrangue catro décadas, desde os inicios da Transición democrática -final oficial da ditadura franquista, en 1975- ata a actualidade. A análise deste período permite explicar a evolución e as actuacións das entidades inseridas na dinámica social, cultural, normativa, política e institucional. Con todo, no que respecta ao traballo empírico, situamos no ano 2007 o noso punto de partida: un cuadrienio no que se concreta a análise en profundidade de iniciativas de ASC e ASCI das entidades que conforman a mostra. Finalmente, observamos que cómpre facer efectivo o dereito á participación social da infancia e fomentar a cidadanía e o uso axeitado do lecer. Para iso deben reorientarse as políticas de lecer dirixidas á infancia. Neste sentido, non se atoparon diferenzas significativas entre as entidades estudadas. Por outra banda, verificouse a existencia da dicotomía entre animación sociocultural e cultural e, nalgúns casos, a predominancia do espectáculo. Ademais, evidenciamos que se deben mellorar diversos aspectos metodolóxicos, entre eles, o de avaliación, xa que apenas se avalían as iniciativas de ASC, incluídas as de ASCI.