Educación ambiental, movemento en transición e sustentabilidade universitaria. Estudo comparado de tres iniciativas pioneirasUSC en transición, transition Edingurgh University e UMinho in transition
- Pardellas Santiago, Miguel
- Pablo Ángel Meira Cartea Co-Doktorvater
- Lucía Iglesias da Cunha Co-Doktormutter
Universität der Verteidigung: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 21 von Januar von 2016
- Juan José Casares Long Präsident/in
- Germán Vargas Callejas Sekretär
- Angels Ull Solís Vocal
- Anna Maria Geli de Ciurana Vocal
- Javier Benayas del Álamo Vocal
Art: Dissertation
Zusammenfassung
Os anos sesenta constitúen o escenario temporal no que a crise ambiental emerxe como incipiente ameaza para o modelo de civilización dominante. Neste contexto, os movementos sociais –nomeadamente o movemento ecoloxista– e a Educación Ambiental teñen xogado un papel determinante, tanto na divulgación da propia crise, como na articulación de alternativas teórico-prácticas para enfrontala individual e colectivamente. O comezo do século XXI arroxa un alude de acontecementos que acaban por facer agromar unha incipiente fornada de novísimos movementos socias. O movemento en transición –cara a un mundo sen petróleo– é un deles, conformando un modelo de actuación competente na xeración de comunidades resilientes; isto é, capaces de reaccionar e adaptarse cos seus propios medios a condicións adversas. Porén, o carácter arquetípico da transición contrasta coa pouca atención que recibe a dimensión educativa na súa proposta e a manifesta nula vinculación co campo da Educación Ambiental. Co obxectivo de valorar o potencial do modelo da transición, desenvolveuse un estudo de caso múltiple no que comparar as iniciativas postas en marcha nas Universidades de Santiago de Compostela, Edimburgo e Minho. Deste xeito, a investigación articulouse ao redor dos elementos que caracterizaran estas experiencias pioneiras como procesos de transición, procesos participativos e procesos educativos. Como resultado da análise, o que fraguou como sospeita deu lugar á evidencia: os procesos de ambientalización universitarios están sometidos a un “teito de cristal” que impide cambios estruturais en clave de sustentabilidade. As tres iniciativas en transición estudadas non foron quen de xerar cambios integrais nas dinámicas das súas respectivas Universidades. A debilidade na formulación do modelo educativo do movemento en transición, non consta como un elemento determinante no fracaso relativo, mais si pode ser un factor a ter en conta. Neste proceso de desexar maiores acertos, a Educación Ambiental debe facer valer a súa traxectoria.