Proxecto FÉNIXtecendo redes a través dun proceso de procesos na educación ambiental en Galicia
- Meira Cartea, Pablo Ángel
- Pardellas Santiago, Miguel
ISSN: 1887-2417
Ano de publicación: 2010
Título do exemplar: Traballo en rede desde a educación ambiental
Número: 9-10
Páxinas: 123-140
Tipo: Artigo
Outras publicacións en: AmbientalMente sustentable: Revista científica galego-lusófona de educación ambiental
Resumo
A Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA) recolle nos seus estatutos, entre outros, a creación de foros para facilitar o intercambio de experiencias en Educación Ambiental e a concertación de liñas de actuación e colaboración con colectivos preocupados polo medio ambiente. O Proxecto Fénix foi unha plataforma de diagnóstico da situación da Educación Ambiental en Galicia e a actualización da Estratexia Galega de Educación Ambiental, que durante catro anos funcionou como un proceso de traballo en rede a través do intercambio de coñecementos e o contraste de opinións. Coa filosofía de traballo en rede buscábase a xeración de coñecemento e a súa socialización entre os actores e, tamén, un proceso de cambio e transformación na sociedade galega.