Os festivais internacionais de teatro en Galicia (1984-2020). Achegas para unha análise histórica e artística

  1. Pascual Rodríguez, Roberto
Dirigée par:
  1. Dolores Vilavedra Fernández Directeur/trice
  2. Manuel F. Vieites Directeur/trice

Université de défendre: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 08 septembre 2022

Jury:
  1. Carmen Becerra Suárez President
  2. Rita Gradaílle Pernas Secrétaire
  3. Héctor Pose Rapporteur

Type: Thèses

Résumé

Con esta investigación queremos analizar, explicar e interpretar o proceso de creación, desenvolvemento, diversificación ou especialización dos festivais internacionais de teatro en Galicia, o seu impacto no sistema teatral e a súa incidencia nas comunidades en que xorden e se desenvolven, mostrando o seu impacto tamén nos planos social, económico ou político. Unha investigación coa que tentaremos demostrar que os festivais internacionais de teatro supuxeron unha plataforma para a promoción da modernidade nunha escena anquilosada e máis recentemente para a incorporación e a apropiación das últimas tendencias e para a converxencia da escena galega na escena transnacional. Tamén unha importante oportunidade para definir un novo perfil profesional no ámbito das Artes Escénicas, o da Dirección Artística.