O asociacionismo no desenvolvemento socioeducativo e cultural do Concello de Vedra. Orixes, actualidade e prospectiva
- María Belén Caballo Villar Director
- Jesús Rodríguez Rodríguez Director
Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 18 de xullo de 2023
- Xosé Manuel Cid Fernández Presidente/a
- Dolores Limón Domínguez Secretario/a
- José Luis Muñoz Moreno Vogal
Tipo: Tese
Resumo
Esta investigación ten como obxectivo analizar en clave descritiva e interpretativa o tecido asociativo do Concello de Vedra estudando os antecedentes, o perfil, as accións e o impacto no seu desenvolvemento socioeducativo e cultural. Para acadar este propósito, optamos por unha metodoloxía que combinou métodos cualitativos e cuantitativos, empregando como técnicas de recollida de datos: a investigación documental, entrevistas a políticos locais, nas que contamos con seis participantes; dous grupos de discusión: un a integrantes do tecido asociativo vedrés, e outro a persoas expertas a nivel galego, e un cuestionario realizado a cincuenta e catro entidades. Os resultados indican que diferentes fitos históricos influíron na realidade asociativa de Vedra. Tamén concluímos que as entidades vedresas contan con diversas potencialidades, como pode ser o nivel de implicación da veciñanza ou a gran capacidade de acción, pero ao tempo teñen limitacións, carencias e novos desafíos que afrontar como o relevo xeracional e a necesidade de optimización dos recursos. Por outra parte, identifícase que o impacto do labor asociativo vedrés no desenvolvemento socioeducativo e cultural da veciñanza é importante tanto a nivel individual (valores, incentivo profesionalizador, recursos para a vida, de relación...), como colectivo (transformacións sociocomunitarias dos contornos e espazos de convivencia).